autod

LÉSBICAS CREANDO

Lésbicas Creando é un proxecto baseado no empoderamento, que sitúa as identidades que están nas marxes da estrutura social como o centro de acción, como o nexo que conecta persoas e procesos e como as voces que falan e fan en primeira persoa.

AUTODEFENSA FEMINISTA

Facemos Autodefensa Feminista dende esta perspectiva, e considerámola un elemento indispensable de protección e loita contra a violencia machista.

A violencia machista é estrutural: constrúense e ampárase na propia estrutura social, esténdese ao longo de toda a nosa vida como mulleres e aféctanos a todos os niveis: físico, emocional, psicolóxico, social… Vital.

Por iso a Autodefensa Feminista é integral, traballando a todos os niveis e contra todas as violencias; conecta as violencias vividas a esta estrutura de opresión, e posibilita un traballo consciente e colectivo sobre os elementos da socialización e da realidade de xénero dende un lugar de resposta e empoderamento.

IMPARTEN:

CRISTY TOJO

Cinturón negro 3o Dan de Karate, cinturón negro 1o Dan de Goshin, Directora do Departamento de Arbitraxe da Federación Galega de Karate, Directora do Clube Deportivo Avalon Kai.

MAI INSUA

Psicóloga e Terapeuta Sexual e de Parella especializada en xénero, diversidade sexual e sex positive, activista lésbica e feminista, con formación en Autodefensa Feminista e cinturón marrón de Taekwondo WTF.