plantilla marc

DATA LÍMITE DE INSCRICIÓNS: 4 Decembro

(1) CAIXA DE FERRAMENTAS PARA SITUACIÓNS DE CONTACTO EN MOVEMENTO:
Neste obradoiro traballaremos con distintas pautas ou ferramentas psicofísicas, que vannos axudar máis tarde na organización do corpo e fluidez do movemento para a improvisación: gravidade, peso, equilibrio inestable, pel e tacto, dirección da mirada, continuidade, impulsos, relación co outro, todo iso ferramentas básicas para afrontar o Momentum e a execución da resposta, dun xeito seguro e asertivo.
OBXECTIVOS:
1. Explorar puntos de vista que nos capaciten para a improvisación de contacto.
2. Dotar de ferramentas útiles para atopar a nosa movilidade fora do eixo.
3. Aumentar a percepción corporal, para mellorar a capacidade de resposta.
4. Adquirir presencia e conciencia dentro de cada situación.

————————————————————-

(2) CONTACT BASICS
Este obradoiro de iniciación pon ao alcance dos docentes as técnicas de traballo básicas para a práctica segura do Contact Improvisación. Traballaremos a través da propiocepción e do uso do propio peso ou gravidade, tomando conciencia do eixo corporal, e da utilización das propias articulacións. Ademáis levaremos a nosa atención ao punto de contacto, coñecendo as distintas posibilidades da reacción ou movemento que podemos desenrolar a través del. Tamén habilitaremos ao corpo con percorridos de movemento dende o chan, ata as distintas alturas para ampliar a nosa capacidade de resposta espacial. Traballaremos a escoita e o movemento con improvisacións de dúos, tríos e masa. Coa práctica nos permitiremos explorar e interiorizar ditas ferramentas. Deste xeito aumentaremos a nosa posibilidade de movemento, resposta física e escoita. Tomando maior conciencia corporal, coñecendo e utilizando a propiocepción dun xeito consciente. Así memo, o obradoiro plantéase como unha oportunidade para desfrutar da danza, como para aprender as bases técnicas do CI, explorar o diálogo físico, ou profundizar na conciencia corporal.

————————————————————-

BIOGRAFIA.
Marc Torrents é actor, clown, riso-terapeuta, practicante e maestro de contact improvisación (CI).
Nace en Barcelona onde estuda fotografía e fórmase en clown e circo, artes que combina xunto coa práctica do CI, a danza
contemporánea e a performance.
De espíritu nómada en 2004 trasládase a Santander, entra a formar parte do Laboratorio de teatro Espacio espiral, formándose ademáis en distintas cías de teatro físico como Odin teatret, Chorea, Garzenitze, Nervousistem
e Claudia Contini.
Maestro de teatro físico e de contact improvisación dende 2006. Aprendeu e colaborou con maestros como Martin Keogh, Scott Wells, Frey Faust, Ray Liung, Jordi Cortres, Ramón Roig, Mirva Markinen, Karl Frost, Andrew Harwood, Linda bufali, Cris Aiken, e Rick Nodine.
Marc utiliza o CI con fins pedagóxicos, terapéuticos e lúdicos.
Explora tamén a súa práctica e uso en espazos de entrenamento actoral, creación coreográfica ou de performance.

———————————–

PREZOS:

15€ Sábado tarde:
17:00 a 18:00 + JAM(18:00 a 20:00)

35€ Sábado / Domingo mañá:
Sáb 10:00 a 14:00, Dom 10:00 a 13:00 + JAM(13:00 a 15:00)

40€ Completo:
Sábado: 10:00 a 14:00 + 17:00 a 18:00 + JAM(18:00 a 20:00)
Domingo: 10:00 a 13:00 + JAM(13:00 a 15:00)

+INFO E INSCRICIÓNS:
asocdanzagondomar@gmail.com
671 695 980