maxi2.jpg

Neste obradoiro investigaremos os diferentes xeitos de entrar e saír do chan de xeito efectivo, utilizando a enerxía do chan, sen o uso da forza e aproveitando os impulsos do corpo, a través de exercicios técnicos e de exercicios de improvisación.
Investigaremos de xeito sutil e sobre todo orgánica a introducción dos movementos acrobáticos dirixidos á danza, evitando preparacións e demáis.
Traballaremos tamén a danza de dúos, executando diferentes tipos de portés e dinámicas de traballo en parella, utilizando o peso do outro como base e utilizando a técnica do contacto-improvisación.
O/a alumno/a estará convidado/a a desenrolar a confianza en sí mesmo e no/a compañeiro/a, aprendendo a disfrutar do vértigo e do risco.

………………………….

Maximiliano Sanford Monte foi ex ximnasta da selección olímpica brasileña. Bailou en compañías como Losdedae (Madrid) , Date Danza ( Granada) , Cie La Flux (Paris)

Formou parte en diferentes proxectos con coreógrafos europeos como : Sharon Fridman (Madrid) , Yutaka Takekey ( Toulouse), WinVandekeybus ( Bruxelas), Raphael Boitell ( Paris) ,
Lucio Baglivo ( Madrid).
Participou do elenco de Macbeth no teatro da Scala de Milán como bailarín acróbata.
Actualmente baila na producción de Venere có coreógrafo Premio Nacional 2014 Daniel Abreu que se estreou a principios de decembro de 2015 .
Como profesor traballou en escolas madrileñas como : Carmen Senra, Victor Ullate , Bambú Danza entre outras. Tamén impartiu diversos obradoiros por Europa e Brasil e foi convidado como ponente no Conservatorio de Danza Contemporánea de Granada Reina Sofía.